Novo traballo do Taller de Creación Artística do M.G.B. curso 2010/11 Curtametraxe inspirada na obra teatral " Animales Artificiales " de Ana Vallés
domingo, 28 de noviembre de 2010
Cuarto día de ensaio!
sábado, 27 de noviembre de 2010
Tensión de entrevistas
Cuarto sábado
Por unha banda estivemos a traballar os guións e linguaxe corporal. Por outra parte, o equipo de filmación tamén fixo dúas escenas seguindo o boceto do storyboard.
María e Rebeca en maquillaxe, conseguiron un gran avance... o látex funciona.
Na próxima sesión terán que aplicar unha maquillaxe uniforme á cara por enriba do látex, para que non se noten diferenzas de cor.
Marta (na foto) prestouse para as probas
viernes, 26 de noviembre de 2010
A nai de tódalas nais
É a fonte máis pura na cal podemos inspirarnos... a música está con nós, forma parte de nós
Que é ritmo?
Só facéndonos preguntas poderemos atopar respostas.
Imaxina
Se podes soñar, pódelo facer
jueves, 25 de noviembre de 2010
Motivación
O método de adestramento consiste en:
TRABALLO, CONSTANCIA E SUPERACIÓN
Xa coñecedes o método... de vós depende adestralo.
miércoles, 24 de noviembre de 2010
Sensibilidade
Un non pode demostrar que existe, só pode crer que existe...
domingo, 21 de noviembre de 2010
Todo isto é xenial!
A dicir verdade, este traballo caeume nas mans cando menos o pensaba e cando máis o necesitaba. Fai anos facía teatro no colexio pero a chegada ó instituto empeoroume a facilidade de seguir adiante coa miña maior afección. Agora sei que con esta nova oportunidade vou gañar moitas cousas, e aínda que por agora aínda é cedo, a todo iesto véselle moi boa pinta. Todos os que participan neste proxecto son unhas grandísimas persoas, e sei que xunto con elas podo chegar moi lonxe. O máis importante desde o meu punto de vista é que estou facendo o que realmente quero, o feito de facer o que me gusta axúdame a desconectar de todo; cando me sinto mal por calquera cousa, ou cando teño ganas de rirme de min mesma, póñome diante do espello e póñome a falar soa, inconscientemente de todo o que está ao meu redor, eu xa non son eu, agora son unha froiteira, agora penso se en realidade saben igual os melóns macho que os melóns femia..
Un día tranquilo
Efectos divertidos
Está claro que podemos divertirnos aprendendo...
Para mostra un botón... aquí vemos unha serie de efectos especiais moi divertidos, creados por un alumno do taller... Unha vez máis queda claro que a imaxinación é primeiro... logo virán os medios....
Seguir maquinando; en breve precisaremos do voso talento para que os nosos "Animais Artificiais" sexan naturais.
Terceiro sábado
Esta fin de semana contamos coa colaboración de Gonzalo Valcárcel. É un pracer poder traballar con persoas tan válidas e comprometidas.
Gonzalo será o mellor filósofo que podíamos atopar. Aquí vemos o primeiro ensaio e xa temos claro que será perfecto.
Por outra banda está Paula. Que dicir que non se vexa... O AVANCE É INMELLORABLE....
Adiante...
viernes, 19 de noviembre de 2010
storyboard
jueves, 18 de noviembre de 2010
Atención músicos
Fixádevos como frasea facendo pausas, para marcar ben as frases e darlle sentido ó discurso. Tamén é interesante fixarse no contrabaixo, como está a facer o walking bass ( baixo camiñante ) impulsando sempre a sensación rítmica.
domingo, 14 de noviembre de 2010
O segundo ensaio!
sábado, 13 de noviembre de 2010
Os primeiros días
Segundo sábado
Marcos tivo que facer de claqueta por un intre... e pasámolo moi ben con el...Á frica ensaia a súa actriz particular.
Foi unha xornada moi completa onde case todo o equipo artístico ensaiou o seu papel. Por outra banda, o equipo técnico tamén fixo das súas... que ben.
Na maquillaxe estiveron traballando a fondo... veremos noutra entrada o resultado... en breve, que agora toca descanso.
Parabéns a todos/as... sodes un gran equipo.
África chegou a Europa
Non me canso de repetir que a experiencia está a resultar moi agradable...que ben traballan
viernes, 12 de noviembre de 2010
Maquillaxe con ritmo
Este vídeo sérvenos como referencia para dúas cousas diferentes. Por unha banda vemos unha caracterización, e por outra vemos un traballo de montaxe de vídeo. A min en particular paréceme moi interesante. Podemos apreciar unhas imaxes de calidade máis ben baixa pero con esta montaxe tan frenética, acompañadas do ritmo adecuado... o resultado é interesante.
É un recurso válido para o equipo de making off... sempre que sexa utilizado con mesura.
Guía para maquillaxe
Neste vídeo podemos ver unha técnica moi interesante para carecterizar a unha das personaxes da curta? ...
miércoles, 10 de noviembre de 2010
martes, 9 de noviembre de 2010
O making off do sábado
sábado, 6 de noviembre de 2010
O primeiro día de ensaio
Primeira toma, primeiro sábado
Hoxe foi o primeiro ensaio dos sábados. A experiencia non pode ser máis positiva. Os/as alumnos/as foron puntuais e comprenderon ben o que significa este tipo de traballo. O grupo é moi compacto e respírase un ambiente moi agradable. É un privilexio para nós contar con esta enerxía tan positiva... pasámolo ben... rimos un pouco e aprendemos un pouco... pero sobre todo, traballamos a conciencia.
Por primeira vez tivemos xuntos aos dous equipos: artístico e técnico.
Varias cámaras filmando á vez, persoas presionando aos/ás actores/actrices.
A miña opinión persoal é que estamos perante un traballo fantástico. É moi cedo para sacar conclusións, pero é o mellor inicio co cal podemos contar.
O meu máis sincero agradecemento e admiración polo voso traballo... seguirde así. Será un pracer madrugar para atoparme de novo cada sábado con vós.