jueves, 30 de diciembre de 2010

O meu punto de vista

Na miña opinión, paréceme que o principio deste proxecto vai indo bastante ben. É un soño para min poder axudar en obras do tipo desta. Cada vez síntome máis cerca de cumprir ese obxectivo do meu futuro. Ademais, alégrame traballar con estas persoas. Foi unha pena o plan cancelado, pero espero que non se volva a repetir e que todo saia mellor. ¡Bo Nadal e próspero Ano Novo para todos!

martes, 28 de diciembre de 2010

Imprevisto

Aviso a todo o equipo!!!
Suspendemos a sesión de gravación prevista para mañá 29/12 por climatoloxía adversa.
É a primeira vez que non podemos cumprir co calendario previsto, e iso non é o que perseguimos, pero esta vez non pode ser.
Xa vos avisarei para a seguinte sesión... saúdos a todos/as e felices festas
Miguel Carbajal

viernes, 24 de diciembre de 2010

Misión case imposíbel


Aquí tedes o Making Off do noso proxecto espontáneo. O traballo foi difícil, pero ó final conseguímolo rematar.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Exceso de látex


Antes de colgar o Making Off do proxecto do noso equipo técnico, debo mostrarvos este vídeo sobre unha proba de maquillaxe con látex.

domingo, 19 de diciembre de 2010

Fantástico

" Os xoves de hoxe son nugalláns, deixados, non traballan, non estudan... non se preocupan por nada... "
E logo estes que son? bechos raros ?
Non!
Son xoves traballadores, comprometidos, estudantes... e polo que podemos ver aquí, tamén son artistas.
Este é o resultado do traballo que debía facer o equipo técnico, no último sábado do primeiro trimestre. A proposta consistía en facer unha curta no mesmo día... e así foi.
Mentres as actrices e actores ensaiaban na aula de música, o equipiño técnico tiña outro cometido...
" Debedes facer unha curta de un ou dos minutos que consiste en... "
Só tendes unha hora para inventarvos un guión.
Só tendes unha hora para gravar.
Só tendes unha hora para montala.
Teredes que presentar tamén un making off deste traballo
Vós estaredes sós, e debedes presentar o resultado, como práctica para a filmación (no segundo trimestre) de Animais Artificiais. " Precisamos que collades soltura detrás das cámaras "



En breve veredes o " como se fixo "

sábado, 18 de diciembre de 2010

Traballo apurado

Hoxe, foi o sexto día de traballo. Todo pasou moi rápido. Os de montaxe tivemos só dúas horas para rematar un proxecto comezado e finalizado, máis ou menos, no mesmo día. Despois, eu tiven que deixar de axudar cando estabamos chegando ó final porque practiquei un papel. Aínda que é moi curto, a idea de telo alégrame os días.

Final do primeiro trimestre

Chegamos a un lugar sen retorno... só é posible fuxir cara adiante.
O primeiro trimestre amosa resultados moi alentedores... É un auténtico pracer traballar con vós... sodes un gran equipo humano e artístico, sensible e entregado...
Estamos a disfrutar do camiño e iso non hai premio que o pague...
O equipo técnico tivo hoxe gran protagonismo e compromiso... en breve veremos o resultado.
Dá gusto velos traballar... parecen profesionais
Por outra banda hoxe contamos con "unha estrela invitada, unha esgrevia figura da danza, retirada xa... " Alba Martínez, irmá da ben querida Leticia Martínez, que tivemos o pracer de contar con ela para a obra
DORMES?
Alba estivo fantástica a pesares de ser o seu primeiro ensaio. Que dicir que non se saiba dos demais artistas... pois que estades a superarvos cada día. É moi emocionante ver os avances.

martes, 14 de diciembre de 2010

Atención compoñentes da banda sonora

Aquí vos deixo unha versión do tema que vós coñecedes ben.
Prestade atención á harmonía, sobre todo no turnaroud. Utiliza varios acordes de substitución, sobre todo nos dominantes.
A nosa versión debe ser máis sutil... pero a mellor maneira de aprender é escoitar aos grandes... por suposto que temos que estudar case que día e
noite tamén...
Do talento xa non falamos, Larry Carlton é un deses talentos

Animais artificiais?

Estes son os verdadeiros animais... son naturais.



Se che gusta a bioloxía, tamén tes sitio no cine...

Tecnoloxía ao servizo da arte


Aquí temos un pequeno trailer que nos achega Abel. É bo traballo viaxar pola rede e buscar material interesante.
Grazas Abel por compartir as túas inquedanzas.
Por moita tecnoloxía que teñamos, a gran diferenza segue a estar na visión dos artistas... por sorte, de momento, as persoas seguimos a ser importantes no traballo artístico...
É dificil que unha máquina poida superar o maxín do ser humano... ao mellor algún día estas afirmacións son anecdóticas... quen sabe..

lunes, 13 de diciembre de 2010

Probas de montaxe

Antonte foi o quinto sábado de traballo. Esta vez o director separounos e os de montaxe estivemos na aula de infórmatica. Uns montamos vídeos do Making Off e outros fixeron probas con eses vídeos para ver como quedaría doutra maneira. Por agora ímos montando as entrevistas pouco a pouco e van quedando aceptables. A ver que facemos o próximo día.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Proposta de traballo

Propoño a tódolos alumnos do equipo técnico facer unha curta, dun minuto como máximo, para subila ó blog. Poderemos así avaliar os traballos de montaxe e edición de vídeo.
A temática será libre, pero debe contar coas seguintes características:
Tempo máximo permitido 60"
Calidade de enfoque.
Calidade nos movementos de cámara e cambios de plano.
O guión deberá estar claro... pódese presentar a historia sen máis pero debemos ter claro de que vai.
As transición serán sutís... sen efectos entre as mesmas (cortiniñas, etc.)
Podedes facelo individual ou en equipo.
Calquera cámara servirá pala facelo.
Pode ser un formato publicitario (inventar un produto e vendelo... por exemplo)
Non é obrigatorio contar con actores/actrices, persoas... hai máis posibilidades (utilizar a imaxinación)
Ten que estar rematado e presentado antes da volta de vacacións.
LEMBRADE- MÁXIMO UN MINUTO
A traballar duro que os artistas teñen poucas vacacións.

Quinto sábado

Estamos a piques de tomarnos un descanso. O sábado seguinte será o último ensaio do primeiro trimestre.
Hoxe comezamos pola proxección dun vídeo resumo dun ensaio, montado por Carlos, alumno do equipo técnico.
O traballo está moi ben, aínda que o director quixo elevar o listón e solicitarlle un traballo máis difícil aínda. O seguinte paso consiste en reducir máis o resultado final.
Sen dúbida, isto resulta moi dificil, posto que o material inicial é de máis dunha hora. De todo ese traballo queremos ver un minuto... empresa difícil pero non imposible.
Ánimo Carlos que estás a facer un bo traballo.
Unha vez rematada a proxección fixemos dous grupos. O equipo técnico foi con Xoán Xosé á sala de ordenadores, para poder facer prácticas de montaxe... por desgraza volvemos a sentir as doenzas do sistema informático... é absolutamente decepcionante contar cuns equipos informáticos tan defectuosos. De tódolos xeitos xa saímos victoriosos de batallas similares.
O equipo artístico estivo con Miguel Carbajal, e só podemos lembrar unha vez máis que o traballo dos artistas é fantástico.
Parabéns a todos/as

O vídeo esperado


Isto é un resumo dun día de ensaio. Por fin conseguino rematar. Espero que vos guste. Aquí está.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Traballo en 3D

Estou comezando a familiarizarme co programa de 3D. Seguindo os titoriais apréndese moito. Nesta imaxe vemos como a partires de figuras simples como poden ser unha esfera ou un simple cilindro, podemos construír un patrón inicial, e logo, aplicando modificadores de dobrar, e modificadores de simetría constrúense figuras maiores. Esta é a figura que fixen;
E aquí vemos a interface do programa, no cal, abaixo á dereita, podemos apreciar un dos pasos do proceso:









Hoxe en día, todas as películas que vemos no cine, teñen unha parte de integración 3D. Que é a integración 3D? Pois é "inserir" modelos tridimensionais nun vídeo de acción real (con actores de carne e óso). O problema é que o vídeo, ao metelo no programa de composición, encóntrase en formato bidimensional. Se a cámara está en movemento, temos que pasar o vídeo por un programa que "rastree" o vídeo, e sexa capaz de facer unha especie de mapa 3D segundo o cambio da perspectiva. Os datos de dito mapa son exportados e introducidos no programa de modelaxe 3D, e automaticamente, todo o que teñamos modelado no proxecto, moverase co vídeo de acción real. Agora o único que temos que facer é compoñelo no programa de composición e xa está. Se o vídeo é estático, é mais sinxelo; simplemente temos que axustar a perspectiva do modelo 3D, para que estea perpendicular ao chan. Logo componse no programa de composición.
É un proceso laborioso, pero polo que toda película de hoxe en día está case obrigada a pasar.
Seguirei facendo probas.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Non podemos negar a linguaxe coa propia linguaxe...

Hai unha linguaxe que vai máis alá que a propia linguaxe... ese é lugar a onde debemos chegar

Ánimo á banda que está a soar moi ben...

viernes, 3 de diciembre de 2010

Cambios de plano

Esta é unha proba de cambios de plano. É un aspecto crucial na realización cinematográfica. Faise gravando o víideo por cachos. Aquí está:



Máis en: hidraprod.blogspot.com





.