sábado, 11 de diciembre de 2010

Quinto sábado

Estamos a piques de tomarnos un descanso. O sábado seguinte será o último ensaio do primeiro trimestre.
Hoxe comezamos pola proxección dun vídeo resumo dun ensaio, montado por Carlos, alumno do equipo técnico.
O traballo está moi ben, aínda que o director quixo elevar o listón e solicitarlle un traballo máis difícil aínda. O seguinte paso consiste en reducir máis o resultado final.
Sen dúbida, isto resulta moi dificil, posto que o material inicial é de máis dunha hora. De todo ese traballo queremos ver un minuto... empresa difícil pero non imposible.
Ánimo Carlos que estás a facer un bo traballo.
Unha vez rematada a proxección fixemos dous grupos. O equipo técnico foi con Xoán Xosé á sala de ordenadores, para poder facer prácticas de montaxe... por desgraza volvemos a sentir as doenzas do sistema informático... é absolutamente decepcionante contar cuns equipos informáticos tan defectuosos. De tódolos xeitos xa saímos victoriosos de batallas similares.
O equipo artístico estivo con Miguel Carbajal, e só podemos lembrar unha vez máis que o traballo dos artistas é fantástico.
Parabéns a todos/as

No hay comentarios:

Publicar un comentario