jueves, 9 de diciembre de 2010

Traballo en 3D

Estou comezando a familiarizarme co programa de 3D. Seguindo os titoriais apréndese moito. Nesta imaxe vemos como a partires de figuras simples como poden ser unha esfera ou un simple cilindro, podemos construír un patrón inicial, e logo, aplicando modificadores de dobrar, e modificadores de simetría constrúense figuras maiores. Esta é a figura que fixen;
E aquí vemos a interface do programa, no cal, abaixo á dereita, podemos apreciar un dos pasos do proceso:









Hoxe en día, todas as películas que vemos no cine, teñen unha parte de integración 3D. Que é a integración 3D? Pois é "inserir" modelos tridimensionais nun vídeo de acción real (con actores de carne e óso). O problema é que o vídeo, ao metelo no programa de composición, encóntrase en formato bidimensional. Se a cámara está en movemento, temos que pasar o vídeo por un programa que "rastree" o vídeo, e sexa capaz de facer unha especie de mapa 3D segundo o cambio da perspectiva. Os datos de dito mapa son exportados e introducidos no programa de modelaxe 3D, e automaticamente, todo o que teñamos modelado no proxecto, moverase co vídeo de acción real. Agora o único que temos que facer é compoñelo no programa de composición e xa está. Se o vídeo é estático, é mais sinxelo; simplemente temos que axustar a perspectiva do modelo 3D, para que estea perpendicular ao chan. Logo componse no programa de composición.
É un proceso laborioso, pero polo que toda película de hoxe en día está case obrigada a pasar.
Seguirei facendo probas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario