viernes, 28 de enero de 2011

Fantástico!

Isto é impresionante; xa oín os temas que gravaron os nosos compañeiros. É inevitable non comentar o ben que o fixeron. Tódolos temas soan moi ben. Quería felicitalos polo seu traballo... PARABÉNS, isto está quedando xenial. Cada día estou mais convencida que este traballo que estamos a facer dará que falar...

Legal !!

Despois de facermos os trámites pertinentes, xa contamos co permiso da SGAE (sociedade xeral de autores) para todas as gravacións da banda sonora.
Os dereitos do texto cedeunos " Ana Vallés ", autora dos mesmos.
Os dereitos do guión están cedidos por parte do seu autor " Miguel Carbajal ".
Este paso é importante, pois con isto cumprimos coa legalidade vixente.

jueves, 27 de enero de 2011

Dous temas máis

Ao final non puiden resistilo... subín dous temas máis.
"Alone Toguether" interpretado por :
Arturo Vizcarra
Fátima Blanco
Álex Ayude
Valentín Torrado
Miguel Carbajal

" Nevicherá " interpretado por:
Alumnos/as de música de 4º de ESO A e C ( participa toda a clase, nas voces e música )
Agora si!! o resto da banda sonora para a estrea.

Dous temas para disfrutar

Acabamos de subir dous temas da banda sonora... para ir facendo boca!!
O resto da banda sonora ímola reservar para a estrea... hai moitas sorpresas...
Esperamos que vos guste e que disfrutedes do resultado.
O primeiro tema " Hit the road " está gravado por:
Patricia Moteagudo " Paty " voz e piano
  • Álex Ayude batería
  • Alejandro Gómez "Chuqui " baixo eléctrico
  • Sabela, Ana e Andrea coros.

O segundo tema " Blue bossa " está gravado por:
  • Álex Ayude batería
  • Nerea Cernadas percusión
  • María Valdés percusión
  • Martín Mella frauta
  • Sara Valcárcel clarinete
  • Fátima Blanco piano
  • Miguel Carbajal baixo e guitarra
Podedes escoitalos neste blog... á dereita

martes, 25 de enero de 2011

Un plus artístico

O grupo de alumnos/as de música de cuarto da ESO ao completo.
Gravaron un tema para a banda sonora da curta. Isto supón un plus porque en principio non estaba previsto. A verdade é que están a traballar moi ben e por iso decidimos gravar este tema.
Estou moi satisfeito co voso traballo e felicítovos polo resultado.
" Nevicherá " soará en Animais Artificiais.





Aquí deixamos algunha foto... a verdade é que moitas das que fixemos no interior do estudo non saíron ben. En todo caso, temos a filmación para o making...

jueves, 20 de enero de 2011

SI !!!

Conseguido... a banda sonora xa é realidade !!

NORABOA EQUIPO

miércoles, 19 de enero de 2011

Tomas de son

Estes son os momentos nos cales as persoas nos convertemos en " Animais Naturais "


Os compoñentes do equipo técnico tamén tiveron traballo. Están a gravar o proceso para poder montar unha película de "como se fixo"
Tamén contamos coa colaboración de Paty. Que voz!! En breve teremos a gravación definitiva e logo disfrutaredes do seu talento xunto cos/coas alumnos/as do MGB.

Que bonito!!

Cada vez somos máis... e mellores, por certo.
Aquí vemos algunhas fotos de varios participantes na banda sonora. A experiencia está a resultar todo un éxito. Soa moi ben e ademais avanzamos moito. Gravamos hoxe catro temas. Para a sesión de mañá teremos que gravar outros catro.
Grazas ben queridos/-as alumnos/as polo voso traballo. Sodes a mellor fonte de enerxía... seguide así

martes, 18 de enero de 2011

Chegou a hora

Chegou a hora da verdade !!
Despois de tres meses de duro traballo ao fin chegou o momento tan ansiado.
Os músicos templan as cordas dos seus instrumentos e afinan as súas gorxas... todo está listo.
Mañá mércores entraremos no estudo de gravación " Phonos " para facer as tomas de son necesarias para a banda sonora da curtametraxe.
Isto supón un gran paso en firme... e por que non dicilo, con isto convenceremos a aqueles que no seu día deixaban caer iso de " é imposible "
É difícil, certo. Agora xa é posible.
Tres meses de traballo, duro si, pero ben fermoso tamén. Agora comezaremos a disfrutar da colleita.
Os temas soan moi ben nos ensaios, polo tanto soarán mellor aínda ó pasar polo estudo de gravación. A banda sonora da curtametraxe será gravada na súa totalidade... dise rápido, verdade?
Grazas de todo corazón a todos/as que fostes capaces de confiar nesta aposta tan arriscada. Con este traballo, a curta entrará noutra dimensión... a banda sonora sodes VÓS !!
Felicidades polo traballo e rigor; seguro que vai saír todo ben.

lunes, 17 de enero de 2011

Prensa

 Animais artificiais xa está na prensa...
Preme na foto para ler a noticia
O equipo que aparece na foto é o de Dairas, ainda que algúns seguen este ano no novo traballo. Esta é a foto que aparece na Voz de Galicia.

domingo, 16 de enero de 2011

Cartel promocional

Este é o cartel promocional que fixeron os/as alumnos/as do equipo técnico, e responsables da curtametraxe " A Señora da Limpeza ".
Esta curta será proxectada no festival de cine de Vedra.


Parabéns de novo

sábado, 15 de enero de 2011

Estudio de gravación PHONOS

Vemos na foto a Valentín Torrado, á esquerda, e Xoán Xosé Pérez.
Onte recibimos unha explicación para elixir un micrófono adecuado, de cara á filmación da curta.
Valentín " Curi " explicounos como sacarlle o mellor partido ao son. Tipo de micrófono, pértegas... tamén nos falou un pouco do rango de frecuencia á hora de programar a gravación do son... " filtro paso de baixos, zumbidos..."
Unha vez máis, Valentín Torrado e o "Estudio Fhonos", colabora con nós.
Grazas Curi pola túa axuda

miércoles, 5 de enero de 2011

Boas novas

A curta que fixestes como traballo de clase " A señora da lipeza " vai ser proxectada nun festival de curtametraxes... xa vos contarei máis polo miúdo.
Agora precisamos os seguintes datos:
Nome do director/a
Sinopse
Poñédevos a traballar; entre todos facedes unha pequena sinopse e se hai director ou directora poñede o nome.
Subide estes datos aquí, neste blog.
Parabéns a todos/as. Xa falta pouquiño para comezar a gran gravación... xa está todo perfilado e á verdade, a historia cada vez colle máis peso. Seguro que imos facer un gran traballo... teño moi boas sensacións.
Unha aperta

lunes, 3 de enero de 2011

Suspendida a sesión de gravación

Queda suspendida definitivamente a sesión de gravación prevista para vacacións.
Á volta ó traballo xa vos explicarei os motivos. Unha aperta e ata pronto.