sábado, 26 de febrero de 2011

Primeira escena

Hoxe ás 10:30 comezamos a filmación. Lugar de concentración bar Porto. Grazas pola colaboración.

O equipo entregado para a filmación da primeira escena da curtametraxe. Por unha banda, Marta Quinteiro como redactora xefa de prensa... por outra, Rebeca e María nos labores de maquillaxe.


Ao final a engranaxe perfecta " Un Equipo "
Un gran traballo !!

jueves, 24 de febrero de 2011

Comezamos

Este sábado ( 26/02 ) comezamos coa gravación da primeira escena.
Preparados:
Acriz ( Sandra )
Equipo de filmación
Equipo de son
Equipo de iluminación
Equipo de making e maquillaxe
Vémonos o sábado ás 10:30 ( quedar antes para maquillar a Sandra ) onde vós sabedes..

.
Moito ánimo e forza para este novo reto.

martes, 22 de febrero de 2011

LAV 011

Representantes do equipo que fixo " A señora da limpeza " na mostra audiovisual de Vedra " LAV 011 "
Custoulles un pouco facer a presentación da curta diante dun numeroso público... grazas a Marta que rompeu o xeo, logo saíu todo moi ben...
Moi boa acollida e recoñecemento ó traballo ben feito. Parabéns a todo o equipo.
Grazas a Marisa por enviar a foto

domingo, 20 de febrero de 2011

Novo ano e novas experiencias

Este ano comezou ben para o proxecto. Nada máis volver das vacacións, xa fomos chamados os do Making Off para gravar ós da Banda Sonora. Tivemos que esforzarnos para facer un oco, pero por axudar, o que sexa. Agradoume coñecer a xente nova coa que nunca antes falei. Ademais, por se fose pouco, estreouse para o público a nosa pequena curtametraxe de tempo tan breve e cun humor que parece que gustou a moitas persoas, o que a nós nos sorprendeu bastante, xa que non esperabamos tanto éxito. Onte presentouse en Vedra e tamén resultou victoriosa. Con isto, quero engadir que é un honor para min poder colaborar neste traballo, co que, aínda que custe rematalo, levareime un recordo para o resto da miña vida. ¡Desexo un Feliz Ano Novo a esta obra!

miércoles, 2 de febrero de 2011

Divertido

Aquí podemos ver unha animación moi divertida... está realizada por un compoñente do Taller de Creación Artística.
É importante que sigades a facer estas cousas, porque é unha gran aprendizaxe... moito traballo para un minuto de resultado, pero a verdade é que está moi ben.