miércoles, 30 de marzo de 2011

Último sábado!!

O vindeiro sábado 2/04, gravamos a primeira parte da última escena.
Precisamos a todo o equipo.
É importante que asistades todos/as incluídos os actores e actrices que xa participastes noutras escenas... Xa vos contarei o motivo.
Enfrontámonos a un traballo moi complicado:
Música en directo, actores, iluminación, son...
O equipo de maquillaxe vai ter un traballo extra... unhas 20 persoas pasarán polas vosas mans.
Imos gravar no bar A Farola da Estrada. Temos moita sorte porque o local estará á nosa disposición. A verdade é que se portaron moi ben en tódolos lugares que gravamos.
Xa sabedes todos/as... máxima concentración, puntualidade e traballo.
Ánimo e moita sorte para o remate!!

Moda ou despiste...?

domingo, 27 de marzo de 2011

Seis horas!!

Seis horas de traballo foron precisas para filmar esta escena. O escenario estaba preparado dos días anteriores, por iso foi posible rematala na mañá do sábado.
Un dos logros e premisas do Taller de Creación Artística é traballar no tempo libre. Outro dos logros é TRABALLAR.
A Entrega e nivel de concentración é absoluta... A min lémbrame á competición deportiva... quero dicir, ALTA COMPETICIÓN!!
Esta escena converteuse nunha das de maior plasticidade. A escenografía xoga un gran papel, pero nada comparable ó traballo do equipo.

Maquillaxe, actriz e making off...
O equipo de cámara en escenografía


Último retoque... rodando, claqueta e... acción


Só falta a última

Unha imaxe vale máis...
Todos moi atentos ás explicacións de dirección.
Xoán Xosé está sempre moi pendente da dirección técnica... que nade falle. Encadre, enfoque, luz, movementos de cámara... o equipo responde, mesmo hai verdadeiros momentos de xenialidade. Asemade de estar atento, Xoán está sempre, aínda que para rodaxe ten que facer algo máis de 80 km..
Grazas Xoan polo teu traballo tan ben feito...

Concentrados!!

África atenta aos detalles.. distancias, aproximacións, interpretación, texto... cantas cousas xuntas !!

A música forma un papel importantísimo nos nosos traballos... Fausto realizou un gran traballo coa guitarra clásica... verémolo no resultado final.

Carlos, Martín e Marta. Conscientes do cerca que estamos...

Outra etapa gañada

Esta foi unha etapa de montaña... pero a nós gústannos as subidas.

Unha pequena parte do material..

Xoán explicando algún detalle..

Marcos xa é un experto microfonista..

Sen música nada sería igual !!

viernes, 25 de marzo de 2011

Escena VI

Mañá sábado 26/03. Rodamos a escena VI.
OLLO !!! quedamos ás 9:30 no teatro Principal de A Estrada. Como ben sabedes o tempo voa, e nós precisamos recrearnos. Non debemos traballar contra - reloxo... esa sensación témola gardada para sempre os que " traballamos " en Dairas.
Só quedará, despois de mañá, unha escena máis. Como sabedes, repartirémola en dous días debido á súa complexidade.
Non sei se tomastes conciencia do que estades a conseguir... de momento non tivemos que recurrir ó horario escolar, e a rodaxe está tocando ó seu fin.
Temos a banda sonora, feita por vós, e temos a rodaxe... libres de calquera desgraza de última hora, no último trimestre estará montada. Lembrades a primeira reunión ¿ ?
Xa estou pensando na estrea... je
Mañá non pode fallar nada... hai moitas horas previas de traballo e debemos concentrarnos ben... xa sabedes como facelo.
Apertas EQUIPO !!!



Que estará pensando África ?
Cal delas será África... ?

jueves, 24 de marzo de 2011

África namorada?


Isto non é o que parece. África non se namorou desta "personaxe"
Neste intre está a realizar un exercicio de interpretación. É moi dificil representar unha personaxe, tanto nun escenario coma diante dunha cámara. Xa aprendemos dende hai moito tempo que con traballo podemos facer... case todo.
Estamos desexosos de verte diante das cámaras.. ánimo e concentración.
O Becario tamén tivo o seu momento romántico... pero nesta ocasión decantouse polas luces
Ao final do día, todo este caos estaba ben organizado.

" Becario " sempre con nós

Alá polo ano 2003, Xabi Adán " Becario " comezaba a tomarlle gusto a iso da escenografía... iluminación, son...
No ano 2004 estreamos " A Danza das Bruxas " e Becario estaba nos mandos técnicos.
No ano 2009 estreamos " Dormes ? " e Becario estaba aos mandos técnicos. Agora Becario, estivo de novo ós mandos da técnica, para crear a iluminación que precisamos para a escena VI. É un pracer contar cun técnico de iluminación e son, que comezou precisamente no Taller de Creación Artística do MGB.
A escenografía é bastante complexa pero o resultado estará á altura.
Esta vez, adicamos a tarde do xoves para preparar case todo... o venres daremos os últimos retoques e o sábado... rodando !!
África, a actriz para esta toma, tamén recibiu os últimos consellos, e mesmo puido crear momentos de gran beleza...
Todos/as a por todas... estamos na recta final da filmación... xa se ve o cartel de " META "

Últimos retoques aos/ás personaxes

Sensibilidade e adicación..

Moita técnica ao servizo da arte

sábado, 19 de marzo de 2011

Fin escena cinco

Outro sábado máis. O teatro principal foi o lugar elixido para esta ocasión. Grazas ó Concello da Estrada pola súa colaboración, e grazas a José pola súa puntualidade e predisposición para colaborar con nós.
Rematamos a quinta escena. Dende as dez da mañá ata as tres da tarde... ó final conseguímolo.
Hoxe vivimos un novo día de grandes emocións... moita arte diante e detrás das cámaras.
NORABOA !!


Que escena tan bonita !

Alba e Luís non vacilaron en repetir unha e otra vez a súa toma. A súa calidade é tan grande que non nos cansamos de velos.

Con estes asesores non me estraña... que grandes sodes...
Os bailaríns estiveron arroupados por Leticia e Álvaro. Grazas a todos/as polo voso talento. Mil apertas e... vémonos na estrea

Maya Plisetkaya xa é realidade

Nerea Cernadas sacou o mellor de si, a pesares de que o comenzo do día non foi doado.
O traballo previo levado a cabo co equipo de actrices e actores agora está a dar o seu froito. É moi pouco usual ter que repetir unha toma por erros de interpretación, o cal me fai sentir verdadeiramente feliz...


Nerea presta atención aos últimos detalles

Rebeca, unha das nosas maquilladoras, neste caso supervisa o escenario e atrezzo que tiveron que preparar para esta escena.

A radiación electromagnética, máis coñecida como luz, da moitos problemas e precisa de unha atención especial.

Parte do equipo despois dunha gran batalla.

Fantástico

Moita beleza xunta... por unha banda todo o equipo técnico, que é unha verdadeira piña, e un exemplo de traballo e entrega...todos estamos orgullosos da vosa organización.
Somos moitos, e sempre se esquece algún detalle... nembargantes cada vez está todo mellor.

Moita xente e ben organizada.

Máxima concentración... iso é o xérmolo do " éxito "

Guión, atrezzo, maquillaxe, luz, cámaras, microfonista, actores, dirección... todos a unha

jueves, 17 de marzo de 2011

Sistema anacrónico

É posible que o noso traballo sexa un modelo algún día?
Imaxinades que iso fose certo?
Estaremos a facer algo máis que " teatro "?
En realidade estamos aprendendo algo?
As artes xogarán un papel importante no futuro...?
Cando teñades media hora de relax, escoitade a opinión dos expertos...
despois, sacade as vosas conclusións... é o único que vos fará
" diferentes "



miércoles, 16 de marzo de 2011

Escena V rodandooo...

Este sábado día 19/03 gravamos outra escena. Coidado, porque nesta ocasión quedamos ás 10 da mañá ( ás 10:30 debemos estar gravando, se non queremos levar un disgusto ás 14:30...
Lugar: Teatro Principal.
Equipo ó completo, todo revisado e preparado.
Actores e actrices:
Nerea
Luís
Alba
Debería asistir tamén África, pois a seguinte escena será con ela.
Enfrentámonos a un día moi intenso; a filmación será complexa e looooonga. Xa temos rodaxe e cada día está todo mellor, pero non debemos perder nunca a concentración. É importante atopar o estado xusto de estrés e concentración, para que todo saia ben... seguro que si.
Ánimo, e cadaquén que revise o seu labor... lembrade que estamos na champions !!

Prensa

" Animais Artificiais " xa comezou a saír na prensa... o máis importante vai ser o resultado final e iso é o que nunca debemos esquecer.

Preme

lunes, 14 de marzo de 2011

Nicholas Carr

Parece ser que non estamos sós... Nicholas Carr, explícanos no seu último libro, que nos está a pasar... será que nos convertemos en animais artificiais ?

Perdemos capacidade de reflexión, retención, observación...

Guy Debord

Guy Debord foi un filósofo, escritor e cineasta francés. A súa corrente artística estivo preto do Dadaísmo e do Surrealismo... agora debemos afondar un pouco no tema, para deseñar as imaxes que formarán o decorado do noso edificio para a quinta escena.
Pois xa sabedes... a traballar

Pintura surrealista

sábado, 12 de marzo de 2011

A sorte estivo do noso lado !!

Esta vez a "sorte" estivo con nós. Quince minutos despois de rematar, comezou a chover. Para penurias xa pasamos por Dairas...
Este traballo está a cumprir cos prazos e previsións da dirección, cadaquén cumpre co seu compromiso.
Hoxe gravamos a quinta escena. Se deixamos de lado que nos esquecemos dun rolo de cinta illante, e que case entramos en pánico nos últimos tres minutos de gravación (a batería advertía... tres minutos) o demais estivo máis que ben.
Fani e Paula pasaron moito frio. Nun momento concreto vin como Fani tremía co frío. Sempre hai alguén disposto/a a botar unha man... Sara e Nerea achegáronnlle algo de roupa ás actrices para que puidesen entrar en calor nas pausas. A calidade das persoas mídese polos feitos, non polas palabras...
Os meus parabéns a un traballo ben feito; xa os coñecedes, pero teño que felicitarvos de novo.
Cando pasen os anos poderei dicir: " eu traballei con eles "



Primeiro sesión de maquillaxe...

Encadre e organización


Acción !!
Parte do equipo ó final da rodaxe
Seguide así... xa falta menos

viernes, 11 de marzo de 2011

Urxente

En vista da inestabilidade do tempo é preciso estarmos pendentes. Se chove suspendemos a sesión de gravación e quedariamos (se fose posible) para o mércores pola tarde.
Se non chove, quedamos mañá.
Soprade forte... entre todos igual podemos mover unha nube !!

jueves, 10 de marzo de 2011

Próxima cita

Este sábado 12 ás 10:30 nos xardíns municipais da Estrada.
Actrices:
Paula Otero
Estefanía Puga
Maquillaxe, cámaras, iluminación, making, microfonista... todos/as preparados/as e todo o material revisado.
Estas son as previsións meteorolóxicas para o sábado ( haberá que estar atentos, se chove non podemos facelo )

" Aumenta a inestabilidade atmosférica durante esta xornada. Con esta situación, agárdase que os ceos presenten intervalos anubrados e se produzan chuvascos que serán localmente treboentos. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente oeste, en xeral. " Meteogalicia

lunes, 7 de marzo de 2011

" Melón macho... melón femia... "

Datos curiosos : melones hembra y melones macho

Ahora que se acerca el buen tiempo podremos volver a gozar de los melones de temporada. Para elegir el mejor melón de tipo piel de sapo - el más común en España - debemos sopesarlo y por comparación será mejor aquel que a mismo tamaño posea el mayor peso. También es conveniente olerlo ya que a través del aroma reconoceremos si es poco fragante - está verde - o demasiado maduro. Otra prueba a hacer es apretar los extremos. Si se hunden ligeramente quiere decir que está listo. Y la última prueba es mirar el tipo de rayado de la piel. Si este es longitudinal y va de extremo a extremo estaremos ante un melón macho. Si en cambio el rayado es concéntrico estamos ante un melón hembra. Los melones hembra son más dulces y suelen ser mejores a nivel de sabor que los machos. Si os fijáis en la pila de melones de vuestro supermercado os será difícil - aunque no imposible - hallar melones hembra. Esto se debe a que los mayoristas de fruta suelen reservar los mismos para los restaurantes y llegan en menor medida a los consumidores.
Información extraida de:

domingo, 6 de marzo de 2011

Gute Arbeit !!

Esta tarde estiven a revisar as cintas de filmación. De momento temos unha materia prima moi boa. Os maiores problemas están no son e algún curioso que aparece nalgunhas tomas. En canto ó son, intentaremos filtrar as frecuencias problemáticas ( o maior problema foi o vento no cemiterio )
En principio, penso que podemos arranxalo.
O segundo problema aparece na froitería. En varios planos aparecen persoas detrás do cristal, na porta do bar. Isto tamén podemos arranxalo, poñendo unha capa de vídeo por diante da porta.
Eu estou convencido que o voso traballo é excelente...
Se somos capaces de manter este ritmo de traballo e concentración ata o final... será un gran traballo.

Herzlichen Glückwunsch !!!



sábado, 5 de marzo de 2011

Doce horas

Doce horas son moitas horas!!
Hoxe foi un día de traballo intenso. Ás 10:30 quedamos no cemiterio de Ouzande para rematar a primeira escena. O día comezou cunha pequena reprimenda a alguns dos compoñentes, por chegar tarde. A verdade é que algúns deles estaban xustificados, aínda así...
As maquilladoras tiveron que repetir o traballo con Sandra, por problemas co látex. Esta carecterización é moi complexa, pero ao fin colléronlle o "tranquillo".
Outra pega foi a luz natural. O sol estaba bastante baixo, e iso creaba grandes zonas de sombras.
É sabido que " nunca chove como trona " e por iso, as cousas fóronse encamiñando.
Rematado o traballo da primeira escena, decidimos parar para comer, pois xa eran as dúas da tarde.
A " Casa Porto " foi o lugar elixido para degustar uns bocatas, que a esas horas...
Ás tres reanudamos o traballo.
A seguinte escena precisou dunha laboriosa preparación, e máis a interpretación de Sara ó clarinete... que bonito.
Decidimos continuar e atrevernos coa seguinte. As maquilladoras tiveron moito traballo e adicáronse en corpo e alma ás actrices e actores. O equipo de making sempre atentos. Luz, microfonista, cámaras... menudo equipo e que ben organizados.
Para a terceira escena contamos con Paula, coa súa teima cos melóns e as clases de alemán... a taberna de Ouzande encheuse de focos, cámaras, e sobre todo, moita arte.
Estivemos ó límite coas baterías e demais, pero ó final saíu.
Logo tivemos a sorte de estar en pleno carnaval e nunha aldea cunha actividade cultural moi importante... a " Asociación Cultural A Fevenza " organizaba unhas actividades, e convidáronnos a tomar unhas filloas e orellas no local social... doce horas son moitas horas, pero nesta ocasión pagou a pena. Ás 22: 30 rematamos o traballo. O camiño é máis importante que a meta.
Aínda que o día comezou cunha pequena reprimenda, rematou con parabéns, e ben seguro que o próximo será mellor.
Noraboa a todos/as, de novo, un GRAN TRABALLO !!!










jueves, 3 de marzo de 2011

Motivación

" Para o noso traballo son necesarias dúas cousas: unha delas é unha persistencia infatigable; a outra, habilidade para descartar algo no cal investimos moitas suores e moitas ideas. "
Albert Einstein

miércoles, 2 de marzo de 2011

Segunda cita

A segunda cita da filmación será o vindeiro sábado cinco de marzo. Neste caso empregaremos todo o día. Cadaquén levará un bocata e faremos unha pausa para comer.
Nesta ocasión precisamos:
Sara ( clarinete )
Paula, actriz
Equipo maquillaxe
Equipo making off
Equipo técnico
Baterías e tarxetas preparadas ( comprobar todo con anterioridade )
Se cumprimos cos obxectivos debemos gravar dúas escenas. Rematar no cemiterio e filmar a clarinetista pola mañá. Pola tarde a escena da froitería !!!
Melón macho.. melón femia... that is the question !!!
Vinde cargados/as de enerxía... o día será longo.