sábado, 5 de marzo de 2011

Doce horas

Doce horas son moitas horas!!
Hoxe foi un día de traballo intenso. Ás 10:30 quedamos no cemiterio de Ouzande para rematar a primeira escena. O día comezou cunha pequena reprimenda a alguns dos compoñentes, por chegar tarde. A verdade é que algúns deles estaban xustificados, aínda así...
As maquilladoras tiveron que repetir o traballo con Sandra, por problemas co látex. Esta carecterización é moi complexa, pero ao fin colléronlle o "tranquillo".
Outra pega foi a luz natural. O sol estaba bastante baixo, e iso creaba grandes zonas de sombras.
É sabido que " nunca chove como trona " e por iso, as cousas fóronse encamiñando.
Rematado o traballo da primeira escena, decidimos parar para comer, pois xa eran as dúas da tarde.
A " Casa Porto " foi o lugar elixido para degustar uns bocatas, que a esas horas...
Ás tres reanudamos o traballo.
A seguinte escena precisou dunha laboriosa preparación, e máis a interpretación de Sara ó clarinete... que bonito.
Decidimos continuar e atrevernos coa seguinte. As maquilladoras tiveron moito traballo e adicáronse en corpo e alma ás actrices e actores. O equipo de making sempre atentos. Luz, microfonista, cámaras... menudo equipo e que ben organizados.
Para a terceira escena contamos con Paula, coa súa teima cos melóns e as clases de alemán... a taberna de Ouzande encheuse de focos, cámaras, e sobre todo, moita arte.
Estivemos ó límite coas baterías e demais, pero ó final saíu.
Logo tivemos a sorte de estar en pleno carnaval e nunha aldea cunha actividade cultural moi importante... a " Asociación Cultural A Fevenza " organizaba unhas actividades, e convidáronnos a tomar unhas filloas e orellas no local social... doce horas son moitas horas, pero nesta ocasión pagou a pena. Ás 22: 30 rematamos o traballo. O camiño é máis importante que a meta.
Aínda que o día comezou cunha pequena reprimenda, rematou con parabéns, e ben seguro que o próximo será mellor.
Noraboa a todos/as, de novo, un GRAN TRABALLO !!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario