miércoles, 13 de abril de 2011

Montaxe

Ola a todas as actrices. Quérovos comentar, que estes días estou pasando moitas horas con vós. Non o credes? Pódovolo demostrar. Estou montando as primeiras escenas, e, menos mal que a miña cadeira ten respaldo, porque senón, caía ao chan de abraio. Estou escudriñando segundo a segundo as vosas interpretacións nun pantallón de vinte e non sei cantas polgadas. Tedes madeira de actrices, e iso nótase cando se ve na gran pantalla. Iso si, a que queira continuar actuando en cine, que teña coidado co raccord, o seu peor inimigo... ánimo, que isto vai moi ben!!!

jueves, 7 de abril de 2011

Final feliz

Esta é unha historia con final feliz. Polo momento, saíu todo segundo o previsto, que xa é moito dicir. Os prazos están a cumprirse á perfección. Onte mércores día seis de abril, rematamos a rodaxe. O lugar para a última toma foi o bar "A farola". Cerca de corenta persoas estiveron implicadas nesta toma: Músicos, actores e actrices, camareiros, público ( extras ) maquillaxe, sonidista, cámaras, making off, dirección... Un gran traballo sen dúbida. Agora só queda a montaxe... está ben, aínda queda a montaxe, segundo se mire. A materia prima é boa e iso é moi importante. A Partires deste momento seguiremos traballando os sábados para montar a película; imaxe, mapa sonoro,banda sonora, efectos 3D e un longo etc... Xa pagou a pena o esforzo, aínda que rematase aquí o traballo xa ninguén nos pode quitar a experiencia técnica e sobre todo humana que vivimos estes seis meses. Espero e desexo, que o resultado final nos faga sentir verdadeiramente satisfeitos co traballo. O mellor de todo foi que todos/as estivestes a tope, sen " escaqueos nin subcontratas" o mérito é voso, o éxito será voso. Mil apertas a todo o equipo !!
Músicos e público repasando o traballo. Xoán Xosé, sempre pendente da luz, enfoque ...

Actrices, making, maquillaxe... retocando os últimos detalles.

sábado, 2 de abril de 2011

A Farola!!

Última escena primeira parte. O primeiro que debemos facer é agradecer a colaboración do bar A Farola, grazas María. Tivemos o bar á nosa disposición toda a mañá. Entre músicos, actores, figurantes, equipo técnico... fixemos unha toma moi complexa. Esta escena deixámola para o final porque precisabamos rodaxe para poder facela. Gonzalo Valcarcel é o actor encargado de meternos na personaxe. Un camareiro un tanto particular.. será un "Animal Artificial?" O tratamento da luz tamén xoga un papel importante porque a escena precisa un clima concreto. O feito de utilizar música, intra diexética, supón un valor engadido pero tamén máis dificultades. Por outra banda, o equipo de maquillaxe, tivo moito traballo. Unhas quince persoas pasaron polas mans de María e Rebeca. Por último, o equipo técnico; cámaras, making off, son, iluminación... Hoxe non fallou nada, e o ambiente foi moi agradable. NORABOA!!
Gonzalo preparado, claqueta...


Canto traballo de maquillaxe

Os músicos ultiman os detalles do tema. " Alone Together "