domingo, 29 de mayo de 2011

Making Off en proceso

Finalmente, comezou fai pouco tempo o período de montaxe e, mentres os retoques da película seguen o seu transcurso, os do Making Off estamos liándonos cos miles de arquivos seleccionados previamente. Debo dicirvos que absolutamente todos ides aparecer e ninguén se vai librar. En caso contrario, xa estou eu aí para ocuparme de engadir á xente que falta. Espero con moito gusto que máis dun se poña colorado na estrea ó verse facer tolerías. Desde logo, como non estivera onde estou a traballar nestes días, nunca puidera imaxinar que os participantes de Animais Artificiais fósemos tan animais e nada artificiais.

2 comentarios:

  1. Debo decir que siento un gran placer al escuchar a un Profesor hablar así de los proyectos con sus alumnos. Tu labor es fundamental, tu entusiasmo inspira admiración y tu cercanía hace que la magia de estos chicos brille. Como ser humano y como estradense debo decir que es un honor compartir el mundo contigo. Muchas gracias por enseñarles a vivir el sueño.

    ResponderEliminar
  2. Os alumnos/as forman parte de min. Apórtanme moito máis do que entrego... nunca me sentín defraudado polo seu entusiasmo e adicación.
    Por outra banda, moitísimas grazas polo comentario, estas cousas fan que por un intre nos sintamos importantes... a vida está chea de grandes cousas, as ilusións, desexos e superación forman parte de nós.
    Moitas grazas de novo

    ResponderEliminar